Os novos ordenadores de Apple poderÃan chegar ás tendas o 1 de novembro
luns, 7 de outubro do 2024
A estas alturas do ano está previsto o lanzamento de novos ordenadores de Apple, pero Mark Gurman asegura en Bloomberg que haberá certos axustes no calendario de lanzamentos, de xeito que algúns dos produtos previstos non chegarÃan até 2025.
Prevese que Apple celebre unha presentación nas vindeiras semanas, para que os novos produtos cheguen ás tendas o vindeiro 1 de novembro. Estes novos equipos serÃan os MacBook Pro con procesador M4 e pantalla de 14 polgadas, os MacBook Pro con procesadores M4 Pro e M4 Max con pantallas de 14 e 16 polgadas, os iMac con procesador M4, os Mac mini con procesadores M4 e M4 Pro cun novo deseño compacto e incluso un novo iPad mini.
Pola contra, aseguran que até a primeira metade de 2025 non veremos os MacBook Air con procesador M4 con pantallas de 13 e 15 polgadas, a renovación do iPhone SE, os novos iPad Air de 11 e 13 polgadas (e os seus correspondentes Magic Keyboards) e unha renovación dos AirTags.
Mark Gurman tamén asegura que non está previsto o lanzamento de equipos Mac Studio e Mac Pro con procesador M4, o que non descarga que poidan lanzarse no futuro, aÃnda que parece bastante probable que iso supoña que alongan o seu ciclo de renovación, de xeito que en vez de ter novos modelos cada ano pasarÃan a actualizarse cada 2 anos.
Un detalle sorprendente dos novos equipos é que, pese a que faltan aÃnda semanas para que cheguen ás tendas, un youtubeiro ruso publicou un vÃdeo co que serÃa o vindeiro MacBook Pro con procesador M4, ou sexa, que non serÃa a tÃpica filtración de fotografÃas nunha fábrica, senón que teriamos un desempaquetado completo e unha serie de probas iniciais bastante cribles, polo que estariamos ante un fallo da seguridade da cadea de subministración de equipos que resulta pouco habitual no caso de Apple, polo que non serÃa de sorprender que nas vindeiras semanas se coñezan as consecuencias deste incidente de seguridade.
VÃdeo no que podemos ver o que seguramente sexa o vindeiro MacBook Pro con procesador M4