Os novos procesadores de AMD facilitarán o uso da IA en portátiles
luns, 3 de xuño do 2024
AÃnda que na presentación dos Copilot+ PC se presentaban equipos baseados en procesadores Snapdragon con arquitectura ARM, as funcións de IA dentro de Windows 11 non serán exclusivas deste tipo de equipos, que tamén se abrirán a equipos con gráficas de nVIDIA e con procesadores AMD.
Precisamente o fabricante destes últimos procesadores aproveitou a celebración do Computex para dar a coñecer a nova familia de procesadores AMD Ryzen AI 300, que incorporan unha unidade de procesamento neuronal (NPU) de nova xeración, de xeito que fará posible portátiles que corran sen problema funcións de IA como as presentadas por Microsoft (no caso dos equipos de sobremesa tamén teñen a familia AMD Ryzen 9000, con prestacións aÃnda máis avanzadas).
Os equipos con AMD Ryzen AI 300 poderán considerarse preparados para Copilot+ e, de feito, a súa NPU promete acadar os 50 billóns de operacións de IA por segundo (mentres que as dos equipos con procesadores de Qualcomm están entre os 40 e os 45 billóns de operacións), demostrando que están preparados para o futuro. Estes equipos tamén contan con até 12 núcleos de CPU de alto rendemento e a nova arquitectura AMD XDNA 2, de xeito que conseguen tanto un bo rendemento en produtividade, como tamén para videoxogos, á vez que tamén coidarán o seu consumo enerxético para permitir unha boa autonomÃa.