Os novos tablets de Amazon confirman as súas datas de chegada a España
mércores, 16 de outubro do 2013- Os Kindle Fire HDX gozan dunha grande potencia e autonomÃa
O
mes pasado Amazon presentaba a renovación dos seus tablets Kindle Fire, o
que traducÃase na rebaixa de prezo do Kindle Fire HD e a aparición de novos
Kindle Fire HDX en tamaños de 7 e 8,9 polgadas, dos que finalmente sabemos da
súa chegada a España, que será os dÃas 29 de outubro, 13 e 21 de novembro
respectivamente, de xeito que chegarÃan a tempo para o Nadal.
O Kindle Fire HD
destaca porque o seu modelo máis económico ten un prezo de 139 euros, o que é
bastante axustado para un tablet con pantalla de 7 polgadas cunha resolución de
1.280 x 800 pÃxeles, procesador de dobre núcleo a 1,5 GHz e integración cos
servizos de Amazon; aÃnda que para moitos resultará máis atractivo o Kindle Fire HDX con pantalla
de 7 polgadas, que parte dun prezo de 229 euros con 16 Gb de almacenamento,
pero destaca por contar xa cunha resolución de pantalla de 1.920 x 1.200
pÃxeles, un procesaodr de catro núcleos a 2,2 GHz, 2 Gb de RAM e cámara frontal
de alta definición.
Nunha gama máis alta teriamos o Kindle Fire HDX con pantalla
de 8,9 polgadas, que parte dun prezo de 379 euros, e que cunha
impresionante resolución de 2.560 x 1.600 pÃxeles parece querer competir cara a
cara co iPad de Apple. Tamén integra unha cámara traseira de 8 MpÃxeles e
presume dunha autonomÃa de máis de 12 horas de uso mixto (e ata 18 horas de
lectura).
Os Kindle Fire HDX non só terÃa unha mellor autonomÃa e unha maior potencia,
senón que tamén gozarÃan da posibilidade de conectarse a un televisor sen fÃos
facendo uso da tecnoloxÃa Miracast, o que permitirÃa ver pelÃculas, series e
fotografÃas no televisor dun xeito sinxelo mentres se controla a reprodución no
tablet.
AÃnda que neste momento parece que Amazon consegue coller dianteira fronte a
Apple no que se refire a prestacións brutas dos seus tablets, cómpre destacar
que é de agardar que a semana que vén Apple presente novos iPad, o que poderÃa
facer que os dispositivos da empresa de Jeff Bezos chegasen a España despois
que os produtos da compañÃa da mazá, o que provocarÃa que a distancia entre as
prestacións dos distintos dispositivos se acortase, converténdose o prezo a súa
principal diferenza.