Os novos televisores de TCL permitirán gozar do xogo na nube de Xbox
luns, 5 de xaneiro do 2026 ,
TCL aproveitou o CES de Las Vegas para dar a coñecer a súa nova serie insignia de televisores X11L SQD-Mini LED, unha gama coa que a compañÃa pretende redefinir o teito de rendemento do LCD premium. O fabricante aposta por unha combinación de nova tecnoloxÃa de visualización, procesamento con intelixencia artificial e deseño ultradelgado para ofrecer unha experiencia de cinema doméstico sen concesións.
O televisor TCL X11L estrea o chamado Deep Color System con Super Quantum Dots, filtro CSOT UltraColor e un algoritmo avanzado de pureza da cor. Este conxunto permite acadar o 100 % do espazo de cor BT.2020 cun nivel de precisión e consistencia superior ao das actuais propostas Mini LED. A isto súmase un sistema de control do halo mellorado, con ata 20.000 zonas de atenuación independente e picos de brillo de ata 10.000 nits, unha combinación pensada para ofrecer negros máis profundos, altas luces moi intensas e unha redución practicamente total do blooming.
No núcleo da nova tecnoloxÃa SQD-Mini LED atópase o panel CSOT WHVA 2.0 Ultra, cun contraste estático de ata 7.000:1, amplo ángulo de visión, capa antirreflexos e un deseño ZeroBorder que reduce os marcos ao mÃnimo. Este panel intégrase cun novo controlador de retroiluminación de 26 bits e co procesador TSR AI, encargado de optimizar cor, contraste, nitidez, movemento, escalado e son mediante técnicas avanzadas de intelixencia artificial.
No apartado do audio, TCL colabora con Bang & Olufsen para ofrecer un son máis preciso e claro, cun sistema modular que admite a incorporación dun subwoofer sen fÃos e altofalantes adicionais compatibles con Dolby Atmos FlexConnect.
A serie TCL X11L tamén reforza o seu apartado de conectividade e contidos coa integración de Google TV con Gemini, que permite un control máis natural e conversacional do televisor, asà como recomendacións personalizadas, aÃnda que a novidade de maior impacto é o feito de que incorpora a aplicación de Xbox Game Pass, o que permite gozar do servizo xogo na nube de Microsoft sen contar cunha consolas fÃsica da marca Xbox, converténdose no primeiro televisor con Google TV en facer tal a través dunha actualización (o xogo na nube de Xbox xa está dispoñible en televisores de LG e Samsung, asà como con dispositivos Fire TV). AÃnda que TCL será a compañÃa que estrea varias das novidades de Google TV, nos vindeiros meses deberÃan chegar a dispositivos doutras marcas.
A gama X11L SQD-Mini LED chegará inicialmente en tamaños de 75, 85 e 98 polgadas, con prezos de referencia nos EE.UU. de 6.999,99, 7.999,99 e 9.999,99 dólares respectivamente.
