Os operadores de baixo custo tamén permiten beneficiarse dos bonos sociais dixitais
luns, 28 de novembro do 2022- Lowi é un dos operadores de baixo custo que permiten beneficiarse do bono dixital para a conectividade de colectivos vulnerables
Dende a semana pasada é
posible solicitar os novos bonos dixitais para a conectividade de colectivos
vulnerables, figurando entre as compañÃas que actualmente colaboran con
esta iniciativa Telefónica, Vodafone, R, Itegal e A túa Xanela, pero esta
relación de operadores serÃa máis ampla do que parece, pois os operadores de
baixo custo de Vodafone (Lowi) e Telefónica (O2), opcións que poden
resultar especialmente atractivas para os cidadáns que poden optar por esta
liña de axudas, xa que canto menor sexa a tarifa mensual mellor se percibirán
os 20 euros de desconto ao mes dos que poden beneficiarse durante 12 meses.
Para beneficiarse do bono dixital os cidadáns poden acudir á súa oficina
municipal de asistencia social, ou solicitalo
directamente a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, e unha vez
concedido, o cliente pode contactar co operador que elixa dos que colaboran co
programa para solicitar a alta no produto de fibra ou de fibra e móbil que
desexe. No caso
de Lowi os interesados poden chamar ao teléfono 956 920 585 ou mandar un correo electrónico, mentres que
os
interesados en contratar con O2 poden chamar ao 1551.
Está previsto que os bonos sociais dixitais poidan beneficiar a 5.744 familias
galegas, que terán asà máis facilidades para gozar de conexión fixa de acceso á
Rede a unha velocidade mÃnima de 30 Mbps, e que os operadores de baixo custo estean
abertos á iniciativa fai máis doada a contratación de conexións a un prezo
reducido. No caso de Lowi a compañÃa ofrece conexións de fibra de 300 Mbps a
24,95 euros/mes e no caso de O2 custarÃan 27 euros/mes, pero
incluÃndo liña telefónica con chamadas ilimitadas a fixos e móbiles nacionais.