Os pico-proxectores chegan ao mercado australiano en setembro

luns, 4 de agosto do 2008 Marcus Fernández

O videoproxector en miniatura de Aiptek, o Mint V10 (que se presentara no Computex baixo o nome de PocketCinema V10), parece que finalmente vai chegar ás tendas, e Mint Trading vai comercializalo en Australia e Nova Celandia en setembro.
O pequeno proxector de 12x5 x 5,5 x 2,3 centímetros (dimensións moi semellantes á dun smarthphone) pode crear unha imaxe de 50 polgadas a 1,8 metros de distancia e o seu prezo de venda será de 649 dólares (389,40 euros), o que o fai apto tanto para usos profesionais coma domésticos.
Actualmente non hai nada no mercado coma este proxector de peto, agardándose que no futuro cheguen a integrarse en móbiles, cámara de vídeo ou marcos dixitais.

PUBLICIDADE