Os procesadores Intel Core i9 chegan aos portátiles

martes, 3 de abril do 2018 Marcus Fernández

Hai preto dun ano Intel anunciou no Computex de Taipei os seus novos procesadores Intel Core i9, que integran entre 10 e 18 núcleos, pero estando destinados inicialmente só a equipos de escritorio, e agora van un paso máis adiante e amplía esta familia de procesadores de 8ª xeración a dispositivos móbiles, ou sexa, que a partires de agora será posible gozar destes novos procesadores en ordenadores portátiles, o que agradecerán especialmente os creadores de contidos e os gamers, que poderán editar vídeo 4K até un 59% máis rápido e gozar de xogos con até un 41% máis de cadros por segundo.
O primeiro procesador desta nova categoría será o Intel Core i9-8950HK, optimizado para un bo rendemento, que sería o primeiro procesador móbil de Intel con 6 procesos e 12 subprocesos, que se ofrece totalmente desbloqueado e conta coa nova tecnoloxía Intel Thermal Velocity Boost (TVB) que incrementa oportunamente e de xeito automático a velocidade de reloxo até 200 MHz se a temperatura do procesador é o suficientemente baixa e atópase unha distribución de potencia turbo, o que tradúcese nunha frecuencia turbo de até 4,8 GHz.
As melloras destes novos procesadores non se notan só a nivel de potencia, senón que tamén integran o chipset Intel serie 300, con Wi-Fi Gigabit, o que permite até multiplicar por 2 a velocidade das conexións Wi-Fi AC.

Táboa de rendemento dos procesadores Intel de 8ª xeración para portátiles

Vídeo promocional dos procesadore Intel Core i9 para ordenadores portátiles

PUBLICIDADE