Os repartidores de Amazon poderÃan empregar lentes de AR
xoves, 11 de setembro do 2025
Amazon está a preparar a súa entrada no mercado das lentes de realidade aumentada, un terreo no que Meta xa ten camiño andado. Segundo adianta The Information a compañÃa de Jeff Bezos traballa nun modelo de lentes para consumidores que, baixo o nome en clave Jayhawk, integrarÃan micrófonos, altofalantes, cámara e unha pantalla a cor nun dos ollos. A previsión é que saian á venda a finais de 2026 ou comezos de 2027, aÃnda que polo de agora non transcendeu o prezo previsto.
En paralelo, Amazon tamén desenvolve unhas lentes pensadas para os seus repartidores, co nome interno Amelia. Este dispositivo amosarÃa nas propias gafas as instrucións de entrega, indicando onde levar cada paquete. A compañÃa planea producir arredor de 100.000 unidades e poderÃa lanzalas xa no segundo trimestre de 2026.
As lentes de consumo empregarán a mesma tecnoloxÃa de pantalla da firma chinesa Meta-Bounds, aÃnda que cun deseño máis lixeiro e elegante que o modelo profesional. Empresas como Meizu xa venden lentes con esa mesma tecnoloxÃa en China.
