Os retrasos de Apple coa IA serÃan consecuencia dunha dirección sen rumbo
venres, 11 de abril do 2025
- Imaxe coa que The Information ilustra como Federighi colleu as rendas do desenvolvemento da IA tras o fracaso de Giannandrea
The Information publicou estes dÃas unha completa reportaxe de Wayne Ma na que explican a desfeita de Apple coa integración da intelixencia artificial en Siri, clarexando que o acontecido foi claramente un problema de dirección do proxecto de Apple Intelligence, que provocou non só que o resultado fose un produto moi deficiente con respecto á competencia, senón incluso a fuxida de talento da compañÃa ante o contorno creado.
Ma sinala que os problemas de Apple coa intelixencia artificial están en parte relacionados coa súa postura militante sobre a privacidade do usuario, pero tamén cun liderado deficiente. Detalla que «máis de media ducia de antigos empregados de Apple que traballaron no grupo de intelixencia artificial e aprendizaxe automática liderado por Giannandrea (coñecido polas siglas AI/ML) contaron a The Information que o mal liderado está detrás dos problemas de execución. Sinalaron directamente a (Robby) Walker, a quen lle achacan falta de ambición e escaso interese por asumir riscos á hora de deseñar futuras versións do asistente de voz».
Tal serÃa a situación que entre os enxeñeiros de Apple o grupo de IA recibirÃa o alcume de AIMLess (sen rumbo), deixando claro que dende o persoal da compañÃa non habÃa confianza no equipo responsable dun dos meirandes retos que a compañÃa tiña que superar en tempo record por mor das presións do mercado.
Dende The Information confirman o que se sospeitaba nos últimos meses: a demostración sobre a Siri con Apple Intelligence que se amosou na WWDC era unha farsa. As funcións amosadas nin sequera tiñan prototipos funcionais, e incluso detallan que «entre os membros do equipo de Siri en Apple, a demostración foi unha sorpresa. Nunca viran versións funcionais desas capacidades».
Os comentarios dun empregado de Apple nese momento parecen un reflexo da situación actual, xa que asegura que « a única novidade da demostración que estaba activada en dispositivos de proba era unha cinta ondulante e colorida que aparecÃa nos bordos da pantalla do iPhone ao invocar a Siri».
Aseguran que tal demostración de Siri rachaba cunha práctica habitual na compañÃa: amosar funcións e produtos nas súas conferencias que xa estaban funcionando en dispositivos de proba. Lembremos que incluso un produto cancelado como o cargador AirPower tiña prototipos funcionais cando se presentou (pero finalmente non veu a luz porque non foron quen de solucionar os seus problemas de quecemento polo que se consideraron limitacións fÃsicas insuperables).
Pero o artigo de The Information tamén é un raio de esperanza, xa que o actual responsable de Siri (tras anunciarse que a Siri con Apple Intelligence non chegará até, como moi cedo, 2026), Craig Federighi, responsable anteriormente do equipo de software, terÃa creado o seu propio departamento de IA chamado Sistemas Intelixentes, ao que se atribúen boa parte das funcións de Apple Intelligence que chegaron aos consumidores nos últimos meses; tamén terÃan realizado un importante cambio na polÃtica da compañÃa de cara ao desenvolvemento de Siri con IA: permitir o uso de modelos de terceiros de código aberto en vez de limitarse a modelos desenvolvidos internamente.