Os riscos da IA, a debate na Facultade de Dereito da UDC
martes, 22 de outubro do 2024
A Facultade de Dereito da Universidade da Coruña acollerá o vindeiro dÃa 29 de 9:30 a 12:30 horas, as xornadas Los riesgos de la inteligencia artificial: ¿Estamos seguros?, no marco da Cátedra Fundación Inade-UDC.
O evento contará coa asistencia de Moisés Canle, vicerreitor de Titulacións e Internacionalización da UDC, quen participará na inauguración institucional, que terá lugar ás 9:30 horas, xunto con José Ramón SantamarÃa, presidente da Fundación Inade; Natalia Barros, directora da Oficina Económica de Galicia IGAPE; Ignasi Belda, director xeral de AESIA (Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial) e Fernando Peña López, director da Cátedra Fundación Inade-UDC.
Durante as xornadas terá lugar a presentación do IX volume da colección Cadernos da Cátedra Fundación Inade-UDC, co tÃtulo Los riesgos generados por la inteligencia artificial y los posibles mecanismos para su mutualización. Esta obra, elaborada por Gabriel Macanás, doutor en Dereito Civil pola Università di Bologna e profesor de Dereito Civil na Universidad de Murcia, reflexiona sobre os desafÃos éticos, sociais, económicos e legais que supón la IA, asà como sobre as solucións que se poderÃan implantar para garantir que os danos causados por esta tecnoloxÃa poidan ser compensados de maneira axeitada.
Logo da presentación da obra, ás 11:00 horas, terá lugar unha mesa redonda con persoal experto, que será moderada por Fernando Peña, director da Cátedra, e na que se abordarán os riscos da IA e o papel que desempeñará o sector asegurador na súa transferencia. Nela participarán Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da UDC; Ignasi Belda, director Xeral de AESIA; Alberto José BugarÃn Diz, catedrático na área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e director do Grupo de Sistemas Intelixentes do CITIUS da USC; Adrián Feliú González, responsable de consultorÃa en Ciberriscos de Howden; Jesús Almarcha Jaime, avogado de seguros e reaseguros en Pérez-Llorca Abogados.
O evento, de carácter gratuÃto, vai dirixido a persoal administrador, conselleiro e directivo de empresas tecnolóxicas; especialistas en ciberseguridade e responsables de protección de datos; persoal informático, programador e desenvolvedor, profesionais do sector asegurador, da avogacÃa e consultorÃa especializada; economistas e analistas de riscos; persoal regulador ou responsable de polÃticas públicas; estudantado da área informática, tecnolóxica, económica ou xurÃdica, e en xeral, calquera persoa interesada na materia.
