Os robots Da Vinci superan as 5 mil intervencións cirúrxicas en Galicia
martes, 20 de agosto do 2024
O Servizo Galego de Saúde acadou, con datos a 2 de xullo, as 5.216 intervencións cos robots Da Vinci despois de tres anos da súa implantación. Os robots foron instalados en xullo do 2021 para a cobertura de diversos servizos como a cirurxÃa torácica, a cirurxÃa xeral e dixestiva, xinecoloxÃa, otorrinolaringoloxÃa, uroloxÃa e cirurxÃa pediátrica.
As especialidades con maior número de operacións foron uroloxÃa (cun total de 2.305), seguida do servizo de cirurxÃa xeral e dixestiva (con 1.994). En canto ao resto de especialidades, o servizo de xinecoloxÃa realizou 475 intervencións; cirurxÃa torácica, 345; otorrinolaringoloxÃa 96 e cirurxÃa pediátrica, 1.
A peche do primeiro semestre de 2024, a área sanitaria de Vigo realizou 1.377 intervencións, sendo a que suma o maior número de cirurxÃas robotizadas co Da Vinci neste perÃodo. Séguea a área da Coruña e Cee, chegando a 891 intervencións; a de Ferrol con 830; a de Santiago de Compostela e Barbanza con 736; a de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos con 603; a de Pontevedra e O Salnés con 425 e a de Ourense, VerÃn e O Barco de Valdeorras con 345.
Este equipamento tecnolóxico supuxo un investimento de máis de 56 millóns de euros e cubre dende o inicio da súa actividade as sete áreas sanitarias galegas, iniciando a súas funcións no servizo de uroloxÃa de xeito simultáneo e estendéndose máis tarde ás áreas de cirurxÃa xeral e dixestiva e de xinecoloxÃa.
CirurxÃa robótica na sanidade pública galega
As intervencións robotizadas presentan unha gran vantaxe con respecto ás cirurxÃas tradicionais, ofrecendo unha maior precisión, unha mellora no acceso a zonas complexas e unha mellor visualización grazas á visión 3D reconstrutiva. Estas virtudes aportan maior seguridade e calidade intra e postoperatoria, permitindo unha recuperación máis rápida dos doentes.
Tamén os profesionais e os centros hospitalarios son beneficiados xa que diminúen o número de transfusións e complicacións durante a intervención, mellora o rendemento dos quirófanos e redúcense os tempos de estadÃa media, o que se traduce nunha menor ocupación de camas dispoñibles.