Os servidores de Microsoft 365 experimentan problemas de conectividade

mércores, 25 de xaneiro do 2023 Marcus Fernández

JPEG - 36 KB
Downdetector deu boa conta dos problemas de conectividade dos servicios na nube de Microsoft 365

Esta mañá, aproximadamente entre as 8:00 e as 10:00, varios servizos en liña de Microsoft como Outlook, Microsoft Teams, SharePoint ou Power BI, experimentaron problemas de conectividade por mor dun problema de enrutado que fixo que boa parte dos usuarios non puidesen acceder a servizos de Microsoft 365, aínda que o incidente detectouse rapidamente, identificouse a súa causa en pouco tempo e aplicáronse medidas de mitigación, polo que o tempo de caída do servizo para moitos usuario dependeu principalmente pola velocidade de propagación dos cambios na configuración da rede de Microsoft.
Os problemas de conectividade semella que afectaron unicamente aos servizos de Microsoft 365, e non a outras infraestruturas de rede de Microsoft como os servidores de Azure, o que podería ter afectado a milleiros de servizos en liña que depende de tal plataforma na nube.
A caída de servizos de Microsoft é moi pouco frecuente, por contar cunha das infraestruturas de rede máis sólidas do mercado, algo imprescindible para o tipo de servizos que ofrecen, xa que son fundamentais para a operativa diaria de moitas empresas.

PUBLICIDADE