Os sistemas informáticos da Xunta recuperan a normalidade tras unha incidencia

xoves, 21 de novembro do 2024 Redacción

Esta mañá os sistemas informáticos da Xunta de Galicia rexistraron cortes intermitentes que afectaron ao funcionamento de diferentes servizos da Administración autonómica. A incidencia foi causada por unha actualización de seguridade, proporcionada polo propio fabricante, nos equipos de protección do Centro de Proceso de Datos (CPD) da Xunta.
Desde primeira hora da mañá os técnicos da Administración autonómica, en contacto co provedor, tomaron as medidas oportunas para restablecer os servizos afectados e recuperar a normalidade, que se restableceu en torno ás 12.30 horas.
A Xunta tomou, desde o primeiro momento, as medidas necesarias para garantir a dispoñibilidade dos servizos esenciais e recuperar os servizos afectados á maior brevidade posible.