Os sistemas operativos de Apple poderÃan pasar a ter numeración anual
mércores, 28 de maio do 2025
Mark Gurman asegura dende Bloomberg que Apple está a piques de levar a cabo un cambio profundo na denominación dos seus sistemas operativos, abandonando os tradicionais números de versión en favor dunha identificación baseada no ano. Segundo información avanzada por fontes próximas á compañÃa, iOS 18 daralle paso a iOS 26, e a mesma nomenclatura aplicarase ao resto de plataformas: iPadOS 26, macOS 26, watchOS 26, tvOS 26 e visionOS 26.
O cambio buscarÃa unificar a marca e evitar a confusión xerada pola coexistencia de versións con números distintos, resultado do lanzamento inicial en datas diferentes. A nova estratexia serÃa anunciada oficialmente na WWDC o 9 de xuño, onde Apple tamén presentará unha renovación visual xeral coñecida internamente como Solarium, que afectará especialmente a tvOS, watchOS e partes de visionOS.
Esta nova polÃtica de nomes é semellante ás adoptadas por outras compañÃas coma Samsung, que en 2020 pasou do Galaxy S10 ao Galaxy S20 seguindo o ano de lanzamento, ou Microsoft, que xa en 1995 lanzaba Windows 95. Porén, Apple optará polo ano seguinte ao lanzamento: os sistemas que chegarán ao mercado en setembro de 2025 levarán a marca 26, como acontece, por exemplo, nos videoxogos deportivos con entregas anuais.
Ademais do cambio de nome, segundo Gurman a compañÃa con sede en Cupertino prepara melloras importantes no ecosistema. O iPad adoptará unha experiencia máis próxima ao Mac para reforzar o seu uso profesional, permitirase o acceso dos desenvolvedores aos modelos de intelixencia artificial da plataforma Apple Intelligence, e engadiranse funcións como a tradución en tempo real para AirPods e Siri, un modo de desprazamento visual mediante a mirada no visor Vision Pro, novas opcións de saúde baseadas en IA, un sistema intelixente de xestión da baterÃa, un teclado bidireccional árabe-inglés e unha pluma dixital de caligrafÃa para Apple Pencil.
Apple non fixo comentarios públicos sobre esta mudanza de estratexia, pero todo apunta a unha aposta decidida por simplificar a experiencia do usuario e reforzar a coherencia entre dispositivos. Se se mantén este modelo, en 2026 veremos a chegada de iOS 27 e sucesivos sistemas numerados en función do ano de referencia.
O que non transcendeu polo momento se esta nova polÃtica terÃa impacto nos nomes dos modelos de iPhone, pois resultarÃa pouco consistente seguir unha polÃtica de numeración cos sistemas operativos e outra cos teléfonos.
