Os sistemas rexionais de innovación tecnolóxica, a debate mañá en Compostela

martes, 31 de marzo do 2009 Raquel Noya

O director xeral de I+D+i, Salustiano Mato de la Iglesia, vai ser o encargado de presidir mañá o acto de inauguración da II Conferencia do Forum di Torino, que reunirá en Santiago de Compostela aos actores interesados na utilización do coñecemento e a innovación tecnolóxica no desenvolvemento rexional de América Latina e Europa.
Baixo o título Sistemas rexionais de innovación: da visión á realidade, a capital galega acollerá, dende mañá mércores 4 de abril, a máis de 280 expertos procedentes de 16 países de Europa e América Latina, que compartirán coñecementos, ampliarán oportunidades de negocio e de cooperación tecnolóxica e económica e porán en común servizos especializados ofrecidos polas rexións asociadas, os seus axentes económicos e as súas universidades.
O obxectivo desta xuntanza é, entre outras cousas, impulsar a cooperación en materia de I+D+i entre entidades latinoamericanas e europeas e complementar as redes xa existentes para a cooperación internacional no marco europeo.
O programa de mañá, que se pode descargar completo directamente na páxina oficial do evento, recolle as seguintes actividades:
8:30 - 9:30 Rexistro de participantes
9:30 - 10:00 Sesión de benvida por parte das autoridades e organizadores (Sala Obradoiro) Preside: Salustiano MATO DE LA IGLESIA, Director Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación. Consellería de Innovación e Industria. Xunta de Galicia, España.
10:00 - 10:30 Introdución aos obxectivos da Conferencia (Sala Obradoiro). Daniel SAMOILOVICH, Director, Asociacións Columbus Torino e Columbus París.
10:30 – 13:30 Grupos de traballo en temas tecnolóxicos (Enerxías renovables; Xestión medio ambiental; Tecnoloxía para alimentos; TICs) e obradoiros sobre os Sistemas rexionais de innovación (Centros de servizos tecnolóxicos; Crecer integrando innovación e competencias empresariais; Marketing territorial de rexións innovadoras e Programas rexionais de competitividade baseados en clústers)
13:30 – 14:30 Almorzo
14:30 – 17:30 Espazo Aberto Sub-grupos de traballo en temas tecnolóxicos e continuación de Obradoiros sobre Sistemas rexionais de innovación
17:30 – 18:15 Sesión plenaria: Presentación de novas rexións socias do Forum
19:00 Visita guiada pola cidade
21:00 Cea de benvida, Capela Real, Hostal dos Reis Católicos.

PUBLICIDADE