Os smartphones tiveron unha presenza modesta no Google I/O
mércores, 15 de maio do 2024
Dende Google están a repasar as novidades anunciadas na actual edición de Google I/O, que non se limitaron á intelixencia artificial (aÃnda que foi o prato forte do evento), e no caso de Android, foron máis aló da integración de Gemini, e tamén anunciaron a segunda beta de Android 15, que inclúe novidades importantes, especialmente en seguridade, coa incorporación dun Espazo privado que facilita a ocultación e protección de aplicacións con información sensible (para que non estean ao alcance de calquera) e mantendo incluso os datos e as notificacións destas aplicacións separadas do resto do móbil.
Android 15 tamén mellor a multitarefa en pantallas grandes, como tables e móbiles encartables, facendo propias de Android funcións que no pasado puidemos ver en dispositivos de Samsung.
Outros detalles que salientaron de Android en Google I/O foi unha función opcional que permite que Gemini Nano detecte calotes nas chamadas que recibamos (prestación da que darán máis detalles nos vindeiros meses, e que promete ser toda unha revolución); e que a IA de Google tamén axudará a detectar se o noso dispositivo foi roubado, de xeito que bloqueará o dispositivo se cre que está ameazado.
Deixando Android aparte, Google tamén recoñece estar a traballar en contidos para a realidade aumentada que servirán para a plataforma de realidade estendida (XR) que están a desenvolver en colaboración con Samsung e Qualcomm, e sobre a que hai grandes dúbidas despois de que Meta decidise ofrecer a súa plataforma a outros fabricantes (o que poderÃa facer perigar a viabilidade da plataforma de Samsung e Google).