Os televisores de LG activarán automaticamente o Filmmaker Mode en Prime Video
venres, 29 de outubro do 2021
Os
televisores máis modernos contan cunha moi agardada opción
chamada Filmmaker Mode na que se desactivan as numerosas supostas
optimizacións da imaxe que aplican os televisores provocando que moitas
producións cinematográficas se vexan unha nitidez e velocidade tal que parezan
telenovelas. Este modo que facilita que as producións de cine e televisións se
vexan como se filmaron orixinalmente non é aÃnda moi coñecido polos usuarios, e
para facelo máis accesible dende LG comezan esta semana a distribución dunha
actualización entre os seus Smart TV 4K e 8K lanzados en 2020 e 2021 (concretamente
os que funcionan con webOS 5.0 e 6.0) que fai que durante
o uso da aplicación de Prime Video o Filmmaker Mode se active de xeito
automático, garantindo asà que vexamos os contidos como é debido.
Non serÃa de sorprender que nos vindeiros meses reciban o mesmo tratamento outras
aplicacións de vÃdeo baixo demanda por parte de LG e doutros fabricantes, xa
que a fidelidade de reprodución dos contidos audiovisuais é algo que
agradecerán moitos consumidores que en ocasións ven como a compra dun televisor
moderno estraga a experiencia de visualización de numerosas series e pelÃculas,
chegando a marear ou simplemente ofrecendo unha imaxe que se percibe
como falsa.
Que LG comezase a aplicar o Filmmaker Mode con Prime Video ten certo
sentido, xa que os mandos de moitos dos seus televisores inclúen un botón de
atallo para acceder a tal servizo, e facer que o seu uso sexa máis
satisfactorio tradúcese nunha mellor experiencia xeral dos seus produtos.