Os televisores de LG amplÃan a súa oferta de xogos na nube
luns, 5 de setembro do 2022
Os televisores e o xogo na nube continúan a ir da
man, facendo cada vez máis real o concepto de consola de videoxogos sen
consola, e agora LG
anuncia que os seus últimos televisores incorporarán os servizos de Blacknut e
Utomik Cloud en setembro e novembro respectivamente, facendo que os usuarios
poidan gozar de grandes videoxogos sen contar cun ordenador ou unha consola, e
sen ter que padecer o molesto proceso de descarga e instalación dos tÃtulos. Ambos
servizos funcionan mediante subscrición e ofrece un amplo catálogo de xogos.
Blacknut achega máis de medio milleiro de xogos de ordenador e consola, como Metro
Exodus, Overcooked e unha ampla colección de xogos de Disney;
mentres que Utomik Cloud achegará unha selección de máis dun cento de xogos da
súa colección de máis de 1.300, abarcando diversos xéneros e destacando tÃtulos
independentes como Coffee Talk, My Time at Portia e Turnip Boy
Commits Tax Evasion.
Estas novas aplicacións chegan aos televisores LG con webOS 6.0 e webOS 2022, e
completan asà a actual oferta de xogos na nube dos televisores da marca surcoreana,
que xa permitÃa gozar de nVIDIA GeForce NOW e Google Stadia.