Os televisores de Samsung permitirán gozar dos xogos de Xbox mediante streaming
xoves, 9 de xuño do 2022
Samsung Electronics anunciou hoxe o peche dun acordo con
Microsoft para incorporar
Xbox no Samsung Gaming Hub dos Smart TV ca compañÃa surcoreana de 2022,
incluÃndo os Neo QLED 8K, Neo QLED 4K, QLED, Crystal UHD e a serie Smart
Monitor. Deste xeito os televisores de Samsung serán os primeiros do mundo en
incluÃr a aplicación de Xbox, que permite gozar de xogos da consola de
Microsoft a través de streaming.
A integración de Xbox Game Pass nos televisores de Samsung do presente ano é un
importante avance na estratexia de Microsoft de achegar o xogo na nube a cada
vez máis dispositivos, para que no futuro calquera poida gozar de xogos de
grande calidade dende case calquera pantalla conectada con tal de ter unha boa
conexión á Internet.
O Samsung
Gaming Hub chegará aos últimos televisores de Samsung a partir do 30 de
xuño, facilitando o xogo en streaming a través de nVIDIA GeForce NOW, Google
Stadia e Xbox Games Pass, sendo esta última plataforma a máis atractiva, polo feito
de incluÃr un importante catálogo de xogos coa súa subscrición mensual,
converténdose nun dos servizos deste tipo con maior valor engadido, que coa súa
integración en televisores fará realidade o concepto de consola sen consola,
xa que para funcionar chegará con emparellar un mando compatible co televisor.