Os televisores enrolables de LG poderán agocharse no teito
xoves, 2 de xaneiro do 2020
O ano
pasado LG levou ao CES de Las Vegas os
seus televisores OLED enrolables de 65 polgadas, sorprendendo ao mundo con
esta tecnoloxÃa que poderÃa revolucionar o deseño dos salóns domésticos, e que
a semana que vén presentarán no CES unha aplicación diferente desta tecnoloxÃa
que lembrarÃa a moitas instalacións de proxectores de vÃdeo, xa que os televisores
OLED enrolables estarÃan pendurados do teito, de xeito que só serÃan visibles
cando se usen, á vez que supoñen un aforro do espazo útil no fogar.
Estes novos televisores serán de 65 polgadas, pero LG tamén adiante que terá
máis tamaños de televisores OLED (55, 65, 77 e 88 polgadas) e incluso
presentarán un televisor OLED de 48 polgadas.
Outra interesante novidade de LG Display serán as pantallas Cinematic Sound
OLED, que integrarán un sistema de son na pantalla, e que estrearase nun tamaño
de 77 polgadas, cun deseño moi fino, ideal para a súa instalación en paredes.
Aparte deste televisor de 77 polgadas 4K tamén elevará as apostas cun panel de
88 polgadas e resolución 8K que non só terá panel Cinematic Sound OLED, senón
que presumirá dun sistema de son 11.2, ou sexa, que combinará a mellor imaxe e
o mellor son do mercado.
LG Display tamén levará ao CES pantallas OLED destinadas á súa instalación en
avións, hoteis, automóbiles e establecementos comerciais, adaptándose ás
distintas necesidades de cada contexto, de xeito que nuns casos teremos pantallas
táctiles, flexibles, de distintos tamaños...