Os usuarios de BlackBerry queren pasar a iPhone e a Android
martes, 16 de marzo do 2010
A xente de RIM vai ter que tomar nota dunha consulta entre usuarios de terminais BlackBerry na que aseguran en preto dun 40% que o iPhone será o seu vindeiro móbil e o 32% optará por un móbil con Android (utilizando o Nexus One coma exemplo de terminal que poderÃan mercar no futuro). Esta información contrasta co feito de que os usuarios de iPhone e Android prefiren manter os seus terminais actuais nun 90%.