Os usuarios de PlayStation Plus terán de balde o xogo Outlast para PS4 en febreiro

venres, 17 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

O terrorífico xogo da independente Red Barrels, Outlast, dispoñible para PC dende o pasado mes de setembro, estreará versión para PlayStation 4 no mes de febreiro, pero o máis rechamante deste salto ás consolas de nova xeración é que o título poderá descargarse de balde por parte dos subscritores de PlayStation Plus, o que parece unha grande nova tanto para os usuarios da nova consola de Sony como para Red Barrels, que conseguirá deste xeito unha grande visibilidade.
Outlast é un xogo de supervivencia en primeira persoa no que tomamos o papel dun xornalista chamado Miles Upshur que se infiltra nunha instalación psiquiátrica reaberta tras un longo abandono e na que descubrirá unha terrorífica verdade a medio camiño entre a ciencia e a relixión.

Outlast levará o seu terror á PS4 en febreiro

PUBLICIDADE