Sleeping Dogs é un xogo de acción ambientado en Hong KongO enfrontamento comercial entre Xbox 360 e PlayStation 3 demostrou que os usuarios estaban dispostos a pagar por xogar en liña dun xeito estable, aposta que Microsoft fixo dende o primeiro momento co seu Xbox LIVE (servizo de pagamento para poder sufragar os altos custos dos servidores que compoñen a súa rede de xogo), e ao chegar Sony tarde á festa, preferiu deixar tal salto para a PlayStation 4, creando como servizo de pagamento de transición o PlayStation Plus, que inclúe xogos para descargar de balde por parte dos seus usuarios, actualizándose estes títulos mensualmente, aínda que os usuarios poderán continuar a xogar mentres estean aboados ao servizo. Lara Croft and the Guardian of Light é un bo xogo descargable froita da franquía de Tomb Raider antes do seu rebootEn vista da boa acollida deste servizo, Microsoft tamén optou por mellorar o seu Xbox LIVE Gold con Games with Gold, unha serie de xogos que poden descargarse de balde, aínda que desta volta a compra é definitiva¸ pero cunha selección moi criticable, por estar composta principalmente por títulos moi vellos ou de pouco interese, o que parece que mudará a partir de xaneiro, cando anuncian que ofrecerán na primeira quincena o xogo Sleeping Dogs (valorado actualmente en 19,99 euros), e na segunda metade do mes permitirán a descarga de balde de Lara Croft and the Guardian of Light (valorado en 14,39 euros). Ambos títulos ofertados para o mes de xaneiro son grandes xogos, o primeiro, lanzado en soporte físico no verán de 2012 e acadando unha puntuación en Metacritic de 80 sobre 10; e o segundo sendo un título comercializado directamente en descarga que conseguiu unha puntuación media de 85 sobre 10 (sendo tamén o primeiro xogo da serie Tomb Raider que leva o nome da protagonista no seu título e que destacaba por gozar de modo cooperativo).