Os usuarios de Xbox One poderán gozar dun mes de concursos e rebaixas

luns, 13 de febreiro do 2017 Marcus Fernández

Dende hoxe e até o 12 de marzo Xbox España organiza unha nova edición do Mes del Jugón, unha campaña especial para premiar aos xogadores de Xbox One a través de diferentes actividades e tamén coa oportunidade de facerse con xogos e accesorios para a súa consola a prezos reducidos.
Como exemplo dan conta de que os xogos ReCore, Forza Horizon 3, Gears of War 4 e Dead Rising 4, terán un desconto do 30% durante todo o mes; mentres que os novos mandos sen fíos para Xbox One, que agora poden empregarse en Windows 10 sen precisar de cables, terán un desconto do 20%.
Durante este mes as tarxetas de subscrición de Xbox LIVE Gold de 3 meses tamén terán un desconto do 40%, o que é un bo incentivo para sumarse ao xogo en liña de Xbox One (así como aos xogos incluíndo con este plan de subscrición).
Xbox España tamén realizará diferentes concursos e actividades durante este período promocional, dos que poderase ter máis información a través das súas contas en Twitter, Facebook, YouTube e Instagram.

PUBLICIDADE