Os vellos móbiles ¿nunca morren?
martes, 21 de decembro do 2010
Os clásicos teléfonos móbiles Nokia 3210 e Motorola StarTAC, que venderan uns 160
e 60 millóns de unidades respectivamente, pese a parecer auténticas pezas de
museo, hai quen os ve coma xoias retro,
de aà que Lekki decidise recuperar estes
terminais da súa xubilación restaurándoos
e dotándoos de carcasas de cores rechamantes, de xeito que fan posible a
adquisición dun Nokia 3210 renovado por un prezo de a partir de 75 euros
(custando 85 euros no caso de elixir carcasas de distintas cores para as súas
partes frontal e traseira) e dun Motorola StarTAC restaurado por un prezo de a
partir de 125 euros (custarÃa 135 euros o modelo orixinal e 145 euros de
combinar distintas cores).
Lekki tamén facilita baterÃas e clips para o cinto de distintas cores para o
Motorola StarTAC, e o atractivo destes terminais é que, pese a seren bastante
vellos, entréganse en perfecto estado, con baterÃas e cargador novos e unha
caixa cun deseño atractivo, combinación que satisfará a amantes do retro que só busquen un móbil para
realizar chamadas de voz e remitir mensaxes de texto.