Os vídeos do programa coruñés En liña recibiron preto de 150.000 visitas en dez semanas

venres, 29 de maio do 2020 S. P.

A Concellería de Deportes da Coruña fixo reconto esta semana do xerado a través do programa de audiovisuais online para favorecer o exercicio no confinamento, o programa En liña, que vén de chegar ao remate da súa actividade. A través desta iniciativa, as Escolas Deportivas Municipais subiron 42 vídeos para distintas franxas de idade, que rexistraron un importante número de visitas: case 150.000 en só dez semanas.
O Concello fixo saber tamén que, malia o remate da iniciativa, a páxina do programa En liña seguirá funcionando para todas aquelas persoas interesadas en continuar a rutina de se activaren desde a casa. O programa pódese seguir tamén nas redes sociais de Coruña Deporte en Facebook, Twitter e Instagram, así como a través da canle de Youtube.

PUBLICIDADE