Os videoxogos independentes terán unha grande presenza en ExpOtaku

xoves, 22 de maio do 2025 Marcus Fernández

A vindeira fin de semana ExpOtaku volve ao recinto feiral de EXPOCoruña xuntando unha vez máis a milleiros de seareiros do anime, o cosplay e os videoxogos, de xeito que os afeccionados ao lecer electrónico poderán gozar de postos de xogos libre de xogos de baile, Nintendo Switch, PlayStation VR, PS4, PS5, Xbox One, Xbox Series S e consolas clásicas, así como participar en torneos de numerosos xogos (como Pokémon Escarlata y Púrpura, Naruto Shippuden Ultimate Ninja Storm 4: Road to Boruto, Tekken 8, Mario Kart 8 Deluxe, FC 25, Super Smash Bros. Ultimate ou Street Fighter 6, entre outros).
Pero nesta edición cómpre salientar que hai moita outra presenza do sector dos videoxogos que fuxe do mainstream, como é o caso da zona de deseño e desenvolvemento de videoxogos na que están presentes CESUGA e a Universidade da Coruña, e, moi especialmente unha zona dedicada aos desenvolvedores independentes, que é a de maior participación na historia do evento, e na que participan Axóuxere Games (cos xogos Colours e Trap Ball Adventure), Conxuro Studio (con Mr. Boss Rush, Neboas Hut e Silly Car Game), Cult of the Cringe (con My Cutie Baby Alien From Space Demands Cute Clothes Or Else...) , Devmo Games (con The Pet Squad), Eclíptika Collective (Purgatory Hoops), Heli__Berry (con Dimension L), Koffi Games, Michiños Fofiños (con Cartas á Lúa), MoriBa (con CPU Inferno), PingaSoft (con Lute Dungeon), Placebo Pleasure (con Songs of Sorrow), Reference Games (con Xeno Rescue), Team Kaulu (con Renegade Jammer), Under Castle (Gelatina is hungry), ViJuDa (con Super Woden GP2 e Super Woden: Rally Edge) e Virtual Seed (con After Juice: Animal Disco Mafia) e as asociacións FemDevs e Videoxogo.gal.
Tamén estarán presentes no encontro aos integrantes do Project Droid, que empregan a robótica de xeito lúdico e didáctico, con diversas actividades, atraendo ao público mediante creacións baseadas en obras de ficción como Star Wars, Wall·E ou Jurassic World.

Durante a fin de semana poderanse empregar moitos dos postos de xogo libre dispoñibles no recinto de EXPOCoruña
Os asistentes poderán achegarse a videoxogos independentes como Renegade Jammer
Dende Project Droid atraen á xente ao mundo da robótica e a cultura Maker con aplicacións frikis da tecnoloxía