Os vindeiros móbiles chineses poderán cargarse completamente nun cuarto de hora
luns, 13 de xullo do 2020
Agora
que os smartphones con baterías xenerosas son algo ordinario cobra relevancia a
velocidade de carga dos dispositivos, que estes días vai mudar de xeito
substancial, xa que varios fabricantes chineses están a presentar as súas novas
tecnoloxías de carga rápida, conseguindo fitos importantes que até hai pouco
poderían parecer imposibles.
No caso de iQOO, marca filial da chinesa Vivo, temos hoxe a presentación
da súa tecnoloxía FlashCharge de 120 watts, conseguindo así que un
smartphone poida completar a súa carga en só 15 minutos, e no caso dun
smartphone cunha batería de 4.000 mAh chegarían con 5 minutos para completar a
metade da carga. O grande reto deste tipo de cargas é a refrixeración dos
dispositivos durante o proceso, o que iQOO consegue mediante un sistema de
disipación mediante refrixeración líquida.
Os primeiros dispositivos coa carga de 120 watts poderían chegar ao mercado
chinés xa no mes de agosto, polo que estamos a falar dunha tecnoloxía que xa
está lista para unha implantación masiva, de aí que non sorprenda que haxa
outros fabricantes que tamén avancen na mesma dirección, pois Oppo tamén vén de
anunciar que o vindeiro día 15
presentará publicamente un sistema de carga rápida de 125 watts, o que é un
salto moi importante se temo en conta que o anterior sistema de carga
ultrarrápida do mesmo fabricante era de 65 watts.