Os visores Meta Quest permiten visualizar contidos achegados mediante HDMI
venres, 16 de agosto do 2024
Os visores de VR de Meta ofrecen dende hai moito tempo a posibilidade de gozar de contidos de PC a través de cable, e incluso fixeron evolucionar este método de conexión para que operase mediante conexións sen fÃos, converténdose na solución máis práctica para gozar de experiencias avanzadas de realidade virtual libres de cable, pero agora están a explorar outro xeito de achegar contidos aos visores Meta Quest que que pode resultar práctico en casos moi concretos: a través de capturadoras HDMI.
Coa aplicación Meta Quest HDMI Link para Meta Quest 2, 3 e Pro podemos visualizar contidos de ordenadores, consolas e moitas outras fontes que cheguen a través de conexións de cable HDMI ou DisplayPort cunha resolución de 1080p cunha latencia case inexistente, o que pode resultar práctico para empregar o visor como unha pantalla xigante. Deste xeito os propietarios dunhas Meta Quest pode gozar dun xeito persoal de contidos audiovisuais, videoxogos ou incluso contornos de traballo individualmente, facendo uso dunha pantalla virtual, o que pode resultar práctico durante viaxes ou, simplemente, cando non se quere molestar a outras persoas na mesma habitación.
Para poder facer uso desta nova posibilidade hai que ter como mÃnimo a versión 67 do software de sistema de Meta Quest, ter instalada a aplicación de HDMI Link, e conectar a fonte externa ao visor de realidade virtual a través dunha capturadora de vÃdeo (recoméndase que sexa USB 3.0) que pode pincharse directamente no conector USB-C do visor.