Os visores Meta Quest poden empregarse facilmente como monitores virtuais de PC

xoves, 30 de outubro do 2025 Redacción

Microsoft e Meta anuncian a dispoñibilidade xeral de Mixed Reality Link e da aplicación de Windows para Meta Quest, marcando un fito na integración entre sistemas operativos e realidade mixta. Esta colaboración permite aos usuarios conectar os seus cascos Meta Quest 3 ou 3S directamente a un PC con Windows 11 ou a un Cloud PC de Windows 365, accedendo a múltiples monitores virtuais de alta resolución nun entorno inmersivo.
A nova funcionalidade, que chega coa versión v81 de Horizon OS, elimina a necesidade de activar opcións experimentais, facilitando unha experiencia máis fluída e segura. Os usuarios poden instalar Mixed Reality Link no seu PC e emparellar o dispositivo cun simple toque no teclado, podendo así gozar dunha experiencia multi-monitor virtual de alta resolución que permite que os profesionais poidan traballar nun espazo privado sen distraccións ou optar polo modo passthrough para manterse conectados co mundo físico.
Esta novidade chega agora a todos os usuarios tras bastante meses en probas, período que serviu para optimizar o funcionamento das aplicacións e conseguir unha mellor experiencia de uso.