Os visores Meta Quest poden funcionar como unha configuración multi-monitor en Windows 11
martes, 10 de decembro do 2024
A aplicación Mixed Reality Link (actualmente en versión preliminar) permite mellorar o uso de visores Meta Quest 3 e 3s para a produtividade en combinación con ordenadores con Windows 11 ao emparellar de xeito doado o ordenador co visor a través dunha conexión segura e de baixa latencia creando unha experiencia multi-monitor en realidade mixta. Ou sexa, que coa nova aplicación e un visor actualizado á última versión do seu software de sistema é posible gozar con até 3 monitores virtuais dun mesmo equipo informático, de xeito que o usuario pode gozar dun contorno de traballo privado no que repartir o traballo entre varias pantallas para unha maior produtividade. As pantallas virtuais poden fixarse nas posicións que se desexe, polo que poden configurar un contorno de traballo moi flexible.
Esta solución pode resultar especialmente interesante para usuarios afeitos a repartir o traballo entre varios monitores cando se atopan nunha localización na que non resulta posible a instalación de varias pantallas (como durante viaxes ou en mobilidade) e é un grande exemplo das posibilidades que ten a realidade estendida para a virtualizar escritorios informáticos de xeitos que resultan prácticos na actualidade.