Os visores Meta Quest poderán empregarse comodamente deitados

martes, 5 de marzo do 2024 Marcus Fernández

A vindeira actualización para os visores de realidade virtual Meta Quest, a v36, anuncia xa as súas novidades, que nas vindeiras semanas espallaranse entre os dispositivos de Meta.
A función máis importante sería a estrea de Quest Cash, un novo método de pagamento dentro da plataforma, que pode resultar interesante para os proxenitores, que poden así monitorizar e controlar o que os seus fillos mozos gastan en VR. Estamos ante unha especie de moedeiro virtual, de xeito que os pais poden engadir saldo nas contas dos seus fillos, sendo tamén posible que os usuarios poidan pedir saldo a outros. Tamén se prevé o seu uso para facer agasallos. Quest Cash chegará a todos os usuarios de Meta Quest este mesmo mes.
Pero hai outra función que tamén resulta rechamante: a posibilidade de optimizar a experiencia de uso dun visor de VR mentres esteamos deitados. En v63 figura nas funcións experimentais a opción Use Apps While Lying Down, ou sexa, permitir empregar aplicacións mentres esteamos deitados na cama ou no sofá, sen que teñan un comportamento raro, como acontecía até agora.

PUBLICIDADE