Os xogadores de Counter-Strike dende Mac non chegaban ao 1%
martes, 10 de outubro do 2023
O Counter-Strike:
Global Offensive leva 11 anos dando guerra en ordenadores e consolas, e
dende Valve quixeron actualizar a experiencia de xogo anunciando
a actualización a Counter-Strike 2, que o
pasado 27 de setembro saÃu oficialmente, pero deixando a xente polo camiño,
xa que a nova versión do xogo precisa para funcionar como mÃnimo un equipo con
Windows 10 de 64 bits e hardware compatible con DirectX 11 ou StreamOS/Linux.
Temos asà que os usuarios con equipos con versións de Windows de 32 bits ou que
funcionen con DirectX 9 non poderán gozar do xogo actualizado, algo que non
sorprenderá a moitos xa que se trata de equipos moi vello; pero a sorpresa para
máis de un é que macOS queda fóra de Counter-Strike 2. Os usuarios que
quedan fóra do xogo renovado poderán continuar a utilizar a anterior versión
até o remate do ano (perderá o soporte o 1 de xaneiro de 2024), ofrecendo
Valve reintegros económicos para os usuarios afectados en certas condicións.
AÃnda que a conta de mercado dos Mac pode parecer relativamente boa, cando
apuntamos parque de equipos destinados aos videoxogos a cousa muda bastante, e
aseguran que actualmente o número de usuarios da vella versión de Counter-Strike
que non poden dar o salto á nova versión é inferior ao 1%, de aà que non pagase
a pena facer todo un desenvolvemento completo para eles (especialmente no caso
de macOS).