Os xogos de Contra chegan a máquinas actuais nunha nova recompilación
mércores, 12 de xuño do 2019
A saga de videoxogos de Contra (que en España nacera
co nome de Gryzor) tivo un grande impacto no seu tempo (finais dos anos
80 e primeiros dos 90) chegando a máquinas recreativas, ordenadores persoais e
consola de videoxogos, e para poder recuperar estes tÃtulos e gozalos en
máquinas actuais sae hoxe á venda por 19,99 euros Contra Anniversary
Collection, recompilación para Xbox
One, PlayStation
4, PC
(Steam) e Nintendo
Switch (polo momento só no Xapón).
Os xogos incluÃdos nesta recompilación son o Contra de recreativa, Super
Contra, a versión estadounidense de Contra, a versión xaponesa de Contra,
Super C, Contra III: The Alien Wars, Operation C, Contra
Hard Corps, Super Probotector Alien Rebels e Probotector,
colección que marcou unha época, e que destacou en moitas plataformas polo seu
tratamento da violencia (sometida a unha especie de censura para poder chegar a
un público máis amplo).
Contra Anniversary Collection inclúe tamén un Bonus Book con
documentos e bosquexos, a cronoloxÃa oficial da saga, unha entrevista co veterano
produtor e máis contidos que axudarán a coñecer mellor esta franquÃa.
Tráiler de Contra Anniversary Collection