Os xogos de PSP continuarán dispoñibles a través das tendas dixitais de PS3 e PS Vita

venres, 2 de xullo do 2021 Marcus Fernández

Imaxe na que se representa cómo podería ser o <em>Rock Band</em> visto na PSPSony tiña a intención de pechar as tendas dixitais de PSP, PS Vita e PS3 para destinar máis recursos ás plataformas actuais, atopando unha grande oposición por parte de xogadores e desenvolvedores, polo que anunciaron que os xogos de PS3 e PS Vita finalmente non dirían adeus, e curiosamente agora aparece na web de PlayStation un aviso no que detalla que, aínda a PlayStation Store para PSP pechou en 2016 e a partir do vindeiro 6 de xullo non se poderán realizar nin buscas nin compras dentro dos xogos, poderanse seguir a descargar os xogos adquiridos anteriormente e apuntan unha vía que resulta un tanto sorprendente: poderemos seguir mercando e usando contido de PSP dispoñible nas tendas de PS3 e PS Vita.
Deste xeito, o catálogo de xogos para PSP manterase vivo moito máis tempo, para fortuna dos afeccionados a estes títulos, e dos que sosteñen que os contidos dixitais deben manterse a longo prazo, aínda que por desgraza as novas consolas de Sony non fan unha grande aposta pola retrocompatibilidade, e optan por promover as remasterizacións que fan que os usuarios teñan que volver adquirir títulos que mercaron no pasado.

PUBLICIDADE