Oukitel comercializa un clon do iPhone X
venres, 2 de febreiro do 2018
Nos últimos anos a marca chinesa Oukitel
fÃxose bastante popular polos seus smartphones con baterÃas de elevada capacidade,
como o Oukitel
K10000 (con baterÃa de 10.000 mAh), pero desta volta regresa á actualidade
por un produto menos digno pero moi rechamante: o Oukitel U18.
O novo teléfono, que estes dÃas ofértase a 159,99 dólares (128 euros), é unha
das copias máis descaradas que podemos atopar do deseño do iPhone X, chegando
incluso a replicar o seu notch (a trabada que ten a pantalla para
acubillar a cámara frontal e varios sensores).
Non deixa de resultar curioso que pese a estarmos ante un teléfono que emprega
o seu deseño como reclamo, tivesen o detalle de dotalo dunha configuración
bastante completa, xa que o móbil ten unha pantalla de 5,85 polgadas cunha
relación de aspecto 21:9 (aÃnda que cunha resolución de só 1.512 x 720
pÃxeles), procesador MediaTek MT6750T de 8 núcleos, 4 GB de RAM, 64 GB de
almacenamento interno, dobre cámara traseira 16 e 5 MpÃxeles con sensores Sony,
cámara frontal de 13 MpÃxeles, baterÃa de 4.000 mAh (que se carga por USB-C
incluÃndo un cargador de 2 amperes), desbloqueo de pantalla facial, sistema
operativo Android 7.0 e traseiras en cor negra ou dourada.
Aparte de que o produto non oculta en ningún momento a súa marca, un dos
detalles que permitirá distinguilo rapidamente dun iPhone X é que na súa parte
traseira conta cun lector de pegadas dixitais.