Ourense acollerá unha xornada sobre dixitalización para PEME e comercio minorista

luns, 26 de febreiro do 2018 Redacción

O vindeiro xoves o centro de innovación social dixital de La Molinera en Ourense acollerá unha xornada sobre dixitalización para PEME e comercio minorista impartida polo especialista en mercadotecnia e transformación dixital César González, coa que búscase divulgar as vantaxes da dixitalización nas empresas para o incremento de vendas grazas á captación de novos clientes, ora aumentando as vendas en mercados exteriores ora fidelizando aos clientes actuais.
A xornada que desenvolverase de 18:30 a 20:30 horas abordará a dixitalización para mellorar as vendas e a produtividade, a creación dunha primeira páxina web comercial, a utilidade da creación dun blog corporativo, as posibilidades do uso das redes sociais como altofalante das empresas, o potencial do e-mail marketing e tamén realizarase un achegamento ás ferramentas de Google a aos conceptos de SEO e SEM.
A inscrición a esta actividade pode realizarse de balde a través da Ticketea.

PUBLICIDADE