Outes vai achegar á veciñanza formación básica en competencias dixitais
luns, 6 de outubro do 2025
O Concello de Outes vai acoller esta tempada sesións formativas de competencias dixitais ao servizo da cidadanÃa: unha formación de balde para as persoas demandantes de emprego en Emprego Galicia. Esta actividade brindará ás persoas participantes un computador de agasallo ao remate das sesións de capacitación tecnolóxica.
Os requisitos de participación son: ter 16 anos ou máis e estar rexistrado/a como demandante de emprego ou en mellora de emprego no SEPE.
Comezarase cun curso de nivel básico, que é o que ten datas confirmadas, e que está previsto que se desenvolva entre o 9 de outubro e o 17 de decembro, en horario de mañá: de 9.00 a 14.00 horas.
As persoas interesadas en participar poden acudir á xornada informativa prevista para este luns 6 de outubro ás 11.30 horas na Casa da Cultura de Outes.
O curso celebrarase na Casa da Cultura.
Cada persoa participante obterá un tÃtulo oficial acreditativo e como dixemos, recibirá unha vez rematada a formación un computador portátil de agasallo.
Organizan ARA Formación, o Concello de Outes e BeProject Consultores, co apoio da Xunta.
