OwnFone permite personalizar os seus móbiles con letras en Braille
luns, 19 de maio do 2014
Hai un par de anos OwnFone destacou no Reino Unido coa comercialización de
teléfonos moi básicos e personalizables, que resultarían ideais para xente
maior ou para cativos, e que agora, grazas á tecnoloxía de impresión 3D,
ofrecen unha agardada opción: a posibilidade de que os
seus botóns presenten letras en Braille (ou texto ordinario en relevo) de
xeito que os invidentes poden gozar dun terminal desenvolvido pensando neles.
O terminal de OwnFone para
invidentes busca un deseño minimalista, e pode encargarse/personalizarse
vía web. O seu prezo sería de 60 libras esterlinas (73,59 euros) e
pretendería ser moi sinxelo, pois non podemos esquecer que actualmente é posible empregar smartphones por parte de
usuarios con deficiencias visuais grazas a distintas tecnoloxías de
accesibilidade que integran actualmente os dispositivos móbiles (entre os que
Apple parece ser a compañía que leva a dianteira).