PC City venderá ordenadores Dell

venres, 14 de decembro do 2007

A estratexia de Dell de espallar as súas vendas ós establecementos tradicionais está a tomar forma en Europa, complementando así o éxito da venda directa, pero achegándose ós consumidores domésticos dun xeito importante, e non se limitará ás tendas de Carrefour, senón que tamén distribuirá equipos informáticos a través de DSG International, o que suporá que en España chegaría ás tendas de PC City (cadea que xa conta con establecementos en A Coruña e Santiago de Compostela).
A través da Internet tamén sería posible que os equipos Dell se vendesen a toda Europa dende PIXmania.com.

PUBLICIDADE