PC Fútbol 8 promete lanzarse este venres
xoves, 22 de maio do 2025
Para sorpresa para ninguén, chegado o 22 de maio non se produciron os directos para amosar anticipadamente o xogo PC Fútbol 8 antes do seu lanzamento oficial. Desta volta aseguran que o lanzamento do xogo será o venres 23 ás 21:00, e o anunciado directo coa participación de varios streamers celebrarÃase con só 2 horas de antelación.
Aseguran que en tal directo se poderán ver as caracterÃsticas principais do xogo e daranse as súas primeiras impresións. Pero sorprende que a poucas horas do lanzamento a páxina web oficial do xogo continúe sen amosar nin tan sequera capturas de pantalla actualizadas e algún elemento gráfico novo, polo que segue sen haber evidencias de que se vaia cumprir a data de lanzamento anunciada e se o tÃtulo está nunha fase do seu desenvolvemento que permita xogar de xeito satisfactorio (algo que parecÃa estar moi lonxe a última vez que se amosou o xogo en acción).
Mentres tanto, a conta oficial de X do xogo aÃnda non publicou nada no que vai de ano e o foro oficial do xogo tamén está oculto para a meirande parte de usuarios, no que semella a polÃtica de comunicación máis desastrosa que se ten feito nun suposto lanzamento dun videoxogo.
ACTUALIZACIÓN (23-5-2025): Como era de prever, PC Fútbol 8 volve adiar o seu lanzamento, agora ata o sábado ás 19:00, e cancela o directo previo con streamers que en ningún momento se soubo de con quen se pretendÃa realizar (ningún streamer recoñeceu publicamente ter sido convocado por Héctor Prats, o responsable de Una Partida Más, compañÃa detrás deste desastroso proxecto).
Na páxina web oficial tamén recoñecen agora estar a traballar na solución de, como mÃnimo, un par de problemas técnicos detectados (na liña dos moitos outros adiamentos anteriores), o que dá a entender unha vez máis que o xogo está lonxe de ser un produto estable preparado para ver a luz. Semella que o lanzamento, de chegar a producirse, consistirÃa na publicación dun prototipo baixo a forma de produto mÃnimo viable, que recibirÃa soporte durante unhas poucas semanas, para rematar sendo un mal chiste.
ACTUALIZACIÓN (26-5-2025): O pasado sábado anunciouse un adiamento máis ata o martes 27 ás 19:00, coa mesma credibilidade que os anuncios anteriores.
ACTUALIZACIÓN (27-5-2025): Como era de prever, anunciouse un novo adiamento, aÃnda que desta volta xa non dan novas datas de lanzamento.