PC Fútbol 8 segue a acumular retrasos
mércores, 26 de xuño do 2024
- Imaxes do único vÃdeo oficial do suposto PC Fútbol 8 en acción que amosaba (sen tal intención) numerosos erros no xogo
Hai algo máis dun mes o creador de contidos galego coñecido como VirtuaNEStor anticipaba o desastre que estaba por chegar ao proxecto do xogo PC Fútbol 8, dando conta como a iniciativa xa nacÃa dun frustrado PC Fútbol 2024 (cancelado ante acusacións de estafa), facéndose eco de comentarios de desenvolvedores do xogo que terÃan abandonado o proxecto ante os impagamentos do seu responsable e achegando cada pouco tempo detalles que deixaban claro que non estabamos ante un desenvolvemento serio.
Moitas das veces que VirtuaNEStor sacaba algunha información sobre o tortuoso desenvolvemento de PC Fútbol 8, saÃa á palestra o seu responsable, Héctor Prats, a insultar e ameazar aos moitos crÃticos que xurdÃan en redes, que criticaban detalles como que aÃnda non se puidese ver o xogo final en acción cando supostamente levarÃa semanas rematado, ou non parasen de adiar o seu lanzamento con escusas moi pouco cribles.
Inicialmente o xogo tiña o seu lanzamento fixado para o 30 de abril, e co mes de maio moi avanzado recoñeceron que tiñan que adiar o seu lanzamento até o 7 de xuño, pero en tal data o xogo tampouco se publicou, argumentándose que habÃa problemas coa acreditación dos seus mecenas. Pero o dÃas seguiron pasando, e o motivo do adiamento Ãa cambiando.
Chegou incluso a comunicarse aos que pagaron anticipadamente polo xogo que chegarÃa o pasado luns, o que claramente non aconteceu, e nas últimas horas a propia páxina web do xogo sufriu unha caÃda que a deixou fóra de servizo varias horas, recuperando a normalidade sen información sobre cando será o lanzamento de PC Fútbol 8.
Agora aseguran que Héctor Prats sufriu «un problema médico», motivo polo que non estarÃa a responder ás consultas que lle realizan estes dÃas nin estea a devolver os cartos aos que están a reclamar unha devolución ante os reinterados incumprimentos.
Coméntase que as escusas de Prats son falsidades, e que o xogo está lonxe de poder lanzarse, xa que é un produto que basicamente «está roto», polo que poderÃa tardar bastantes meses en poder chegar a cumprir uns mÃnimos de calidade como para poder comercializarse e, en calquera caso, estarÃa moi lonxe das expectativas que tiñan postos sobre el os amantes da franquÃa PC Fútbol.