PES 2010 estrea demo para Xbox 360, PS3 e PC
xoves, 17 de setembro do 2009
Tras o lanzamento da versión de
demostración de FIFA 10 a semana
pasada, agora é a quenda do seu principal competidor, PES 2010, que vén de estrearse no
Bazar de Xbox LIVE (Xbox 360), na
PlayStation Store (PS3) e incluso en páxinas web coma 4Players
e Extreme Players
(na súa versión para PC). Con este adianto poderase botar unha ollada ao que
será o xogo definitivo que o
23 de outubro chegará para as tres plataformas de xogo mencionadas (o
5 de novembro chegará á PSP e á PS2 e o 19 de novembro á Wii).
A
versión de proba permitirá botar partidos de 5 minutos nos que
poderemos encarnar aos clubs F.C. Barcelona e Liverpool, ou ás seleccións
nacionais de España, Italia, Francia e Alemaña.