PES 2019 será un dos xogos de PlayStation Plus do mes de xullo
mércores, 26 de xuño do 2019
Os subscritores de PlayStation Plus recibirán
a partires do 2 de xullo un par de xogos bastante destacables, como son o Pro
Evolution Soccer 2019 e o Horizon Chase Turbo, o que lévanos a
entender que Sony busca que os usuarios de PS4 teñan un mes de xullo moi
competitivo.
O Pro
Evolution Soccer 2019 é á última entrega da saga de fútbol de Konami,
que renovarase despois de verán, o que podemos ver como un xeito de animar aos
usuarios a volver a esta franquÃa que claramente perdeu a partida contra o FIFA
de Electronic Arts, aÃnda que tamén podemos entender a situación como a
constatación de que a saga de PES perdeu o seu valor, de xeito que case
teñen que regalar a súa última entrega para atraer xogadores. O que si podemos
comentar é que o PES 2019 inclúe a posibilidade de botar partidas en
local para até 4 xogadores, o que para moitos será un grande reclamo para botar
partidas en familia ou con amigos.
Pola súa banda Horizon
Chase Turbo é un xogo de condución arcade que tecnicamente
parece moi inferior ao que estamos afeitos, o que os seus responsables
xustifican asegurando que estamos ante unha homenaxe a clásicos xogos de
carreiras como Out Run, Lotus Turbo Challenge ou Top Gear,
de aà que permite unha opción que cada dÃa vemos menos: a posibilidade de xogar
a pantalla partida até 4 xogadores á vez. AÃnda que para xogadores esixentes estamos
ante un tÃtulo menor, haberá nostálxicos que saiban ver en Horizon Chase
Turbo un xeito de lembrar os vellos tempos das máquinas recreativas.
- Horizon Chase Turbo permite xogar en local até a 4 xogadores a pantalla partida