PIX, unha mochila con pantalla controlable co móbil

xoves, 23 de agosto do 2018 Marcus Fernández

En Kickstarter vén de botar a andar unha interesante campaña de micromecenado para que a primeiros de 2019 poida ser realidade PIX, a primeira mochila animada conectada, que permitirá controlar a súa aparencia dende o smartphone, xa que a superficie integra un panel de LED de cores nos que presentar imaxes, animacións, xogos e outros contidos que elixamos para reflectir a nosa creatividade e incluso para utilidades moi prácticas como podería ser o seu aproveitamento como elemento de sinalización.
O usuario pode elixir a imaxes que se presenta no panel traseiro da mochila dende o seu móbil, podendo personalizar totalmente estes contidos a través dunha aplicación para iOS e Android, aínda que tamén pode aproveitarse para amosar información como a hora, información meteorolóxica ou notificacións do móbil (pensando principalmente en que non sempre levamos a mochila a costas).
Esta mochila con 27 libros de capacidade, de 1 quilo de peso e resistente á auga e aos golpes, integra unha batería de 20.000 mAh que serviría para alimentar a pantalla de 16 x 20 píxeles durante até 12 horas seguidas, e está dispoñible por a partires de 199 dólares, aínda que é posible que moitos usuarios opten por facer unha achega de 299 dólares ao proxecto para así poder recibir xunto á mochila PIX un mando a distancia para poder colocalo no guiador da bicicleta e así poder aproveitar a mochila como un sistema de sinalización alternativo aos intermitentes e á luz de freo.

Vídeo no que podemos ver como sería o uso da mochila PIX en bicicleta

Vídeo promocional da campaña de micromecenado de PIX en Kickstarter

PUBLICIDADE