PLC aplicado á distribución doméstica de contidos multimedia
mércores, 25 de agosto do 2010
A distribución de
contidos en rede no fogar a través de tecnoloxÃa sen fÃos é algo bastante
habitual, pero coa chegada da alta definición a reprodución de vÃdeos en remoto
convértese nun problema difÃcil de solucionar, posto que as conexións Wi-Fi non
achegan a velocidade e estabilidade suficiente a certa distancia, de aà que aparezan
solucións alternativas coma o PLC, que aproveita o cableado eléctrico dos
domicilios para transmitir datos. Nesta liña Western Digital vén de anunciar o
seu WD
Livewire, unha solución que facilita a conectividade de rede a través da
instalación eléctrica, pensando especialmente nos seus reprodutores WD TV,
aÃnda que tamén pode empregarse simplemente para copiar ficheiros, xogar en
rede ou acceder á Internet.
O kit de rede de audio e vÃdeo WD Livewire está composto por 2 adaptadores PLC
con 4 portos Ethernet cada un, o que facilitarÃa a conexión de ata 7
dispositivos adicionais a un router. Esta solución permite
comunicacións de ata 200 Mbps, o que permitirÃa a recepción dun fluxo de
vÃdeo en alta definición en varios dispositivos á vez sen problema, evitando as
incomodidades dunha instalación de rede fÃsica (instalar o WD Livewire é tan
doado coma enchufar unha lámpada) e os problemas de distancia e estabilidade
dunha rede Wi-Fi.
O prezo desta nova solución PLC é de 129 euros.