PS Plus en xuño non decepciona

mércores, 26 de maio do 2021 Marcus Fernández

No mes de xuño os subscritores de PlayStation Plus van poder facerse, sen custo adicional, cunha pequena selección de xogos bastante interesantes, comezando por Operation: Tango, título para PlayStation 5 que consisten en superar numerosas misións de espionaxe nun mundo futurista, para o que é posible formar equipo con outro xogador en liña co que hai que colaborar mediante a voz, xa que os retos que se presentan son asimétricos.
Máis rechamante é que a partir do 1 de xuño poida conseguirse Virtua Fighter 5: Ultimate Showdown para PlayStation 4, de xeito que os amantes deste xogo de loita poderán gozar da súa remasterización que mellora o seu apartado visual e a súa interface.
Aínda máis atractiva é a incorporación do xogo de combates espaciais Star Wars Squadrons, pois este reputado xogo pode xogarse en PlayStation 4, pero tamén é compatible con PlayStation VR, ou sexa, que tira proveito do casco de realidade virtual de Sony para poder gozar deste título dun xeito máis inmersivo.

PUBLICIDADE