PTV Telecom funcionará con cobertura de Vodafone
luns, 14 de outubro do 2024
AÃnda que estamos afeitos a escoitar como os operadores de telecomunicacións captan clientes doutras compañÃas a través das portabilidades, tamén existe unha grande competencia por mor dos operadores móbiles virtuais, que carecen de rede propia, polo que ofrecen o seu servizo a través doutros compañÃas, como é o caso de PTV Telecom, operador con máis de 350.000 clientes que até o momento ofrece os seus servizos baixo a rede de Orange (agora MasOrange) e que vén de pechar un acordo estratéxico con Vodafone España para empregar as súas redes até 2029.
PTV Telecom é un operador móbil virtual completo, o que permite que o cambio de rede de telecomunicacións sexa transparente para os usuarios, que nin sequera terán que mudar de tarxeta SIM. Este operador, aparte de 350.000 clientes móbiles, tamén ten 150.000 clientes de banda larga fixa, contando con grande presenza en Málaga, Córdoba, Sevilla, Valencia e Madrid, prevendo o seu espallamento a outras partes do territorio español.