PUBG e Street Fighter V serán os xogos de PS Plus de setembro
mércores, 26 de agosto do 2020
Os
xogos que ofrecerán dentro de PlayStation Plus no mes de setembro son dous
grandes referentes de cadanseu xénero, de xeito que por unha banda teremos
o PlayerUnknown’s
Battlegrouds (PUBG), que até a chegada de Fortnite era o battle
royale de máis éxito do mercado (e continúa con moita forza en varias
plataformas) e Street
Fighter V, o xogo de loita máis popular para combates de un contra un.
Ambos xogos estarán dispoñibles entre o 1 de setembro e o 5 de outubro para
subscritores de PS Plus, ofrecendo experiencias de xogo moi diferentes, xa que
mentres en PUBG o usuario participa en competicións con até 100 xogadores,
en Street Fighter V os enfrontamentos son individuais. Estes xogos tamén
teñen a posibilidade de realizar compras dentro da aplicación, aÃnda que con Street
Fighter V poderÃa dicirse que Capcom buscou o camiño da redención, xa que o
propio tÃtulo permite incorporar os contidos de seguintes edicións
(principalmente incorporando novos loitadores) en vez de obrigar ao usuario a
mercar unha nova copia do xogo para poder gozar de todas as súas posibilidades
(ou sexa, que non é preciso mercar Street Fighter V: Champion Edition
para gozar dos seus contidos de balde, grazas aos progresos realizados dentro
do xogo orixinal).
- Street Fighter V é un dos grandes xogos de loita actuais