Packard Bell adelgaza os seus equipos todo-en-un
xoves, 10 de novembro do 2011
Packard Bell vén de anunciar no Reino Unido o redeseño
dos seus equipos todo-en-un PB oneTwo, que chegan ao mercado este mesmo
mes, e que son un 65% máis delgados que os seus modelos anteriores, cunhas
prestacións tamén actualizadas, para xuntar nun único dispositivo pelÃculas,
fotografÃas, televisión, monitor, gravador de DVD e reprodutor de Blu-ray e as
funcionalidades habituais dun ordenador, sen que iso supoña un sacrificio no
que a estética se refire.
Estes novos equipos chegan en 2 versións: o PB oneTwo M (con pantalla de 21,5
polgadas) e PB oneTwo L (con pantalla de 23 polgadas) e venderanse no Reino
Unido a 599 e 699 libras esterlinas respectivamente (701,40 e 818,50 euros).
Funcionan con procesadores Intel Core de segunda xeración, gráfica nVIDIA, as
súas pantallas teñen unha resolución de 1.920 x 1.080 pÃxeles, son 5.1,
altofalantes de 2,5 W, 4 portos USB 2.0, 2 portos USB 3.0, lector de tarxetas
de memoria 5-en-1, entrada e saÃda de son e incluso entrada HDMI (para poder
aproveitar a pantalla para reproducir contidos, por exemplo, dunha consola de
videoxogos).